miércoles, 6 de mayo de 2009

Anecdotas nun kilómetro

Un kilómetro. Esa ha de ser a distancia que existe entre a miña casa e a escola de enxeñería ambiental. Un kilómetro, ou 15 minutos según se vexa.

Carallo para o kilómetro, abofé que da para moito!

Hoxe, na volta a casa desde o DIIAR, que ven sendo como a ETSE, xa coñecedes a miña debilidade polas siglas, pasáronme un par de anecdotas bastante curiosas.

Son cousas que lle poden pasar a todo o mundo, sobre todo vivindo nas cidades, pero como eu son moi peliculeiro, calquer tontería lévoa á categoría de anecdota e contoa como se fora unha vivencia persoal que marcou a miña vida. Así que como acabo de chegar a casa, por que non contar o que me pasou nestes ultimos 15 minutos?

Pois ben, na chegada a piazza Piola desde o politecnico en dirección a miña casa, puiden ver como na saida que quedaba á miña esquerda había un autobus parado no semáforo, preparado para entrar na rotonda. Seguindo o procedemento habitual, alcei a vista para ver se o autobús era electrico. Non se vía cable ningún, polo tanto non era nen o 91 nen o 93. O único autobus que podía ser era o 62, o que me leva a casa. Nese intre decidín por tanto facer o meu marabilloso cambio de velocidade pasando dos 1,1 m/s (velocidade da auga e de Miguel) cos que camiño, ós polo menos 4m/s que hoxe en día na recta final do erasmus, consego alcanzar durante uns 30 metros. Pois si, á miña dereita na segunda saida da rotonda desde onde eu estaba atopábase a parada do 62. Así que boteille un par e conseguín chegar antes que o bus ata a parada, xogándome a vida, pero conseguino o obxectivo..

E nesas estamos cando entón me xiro para ver como chega o bus e en troques do carteliño luminoso co número 62 leo a seguinte lenda: "allenamento conducenti", estache ben a cousa. Dentro do autobús, 3 chalecos ATM, un deles fitándome e morrendo coa risa.

Bueno, non pasa nada, meto os cascos e fago viale Lombardia, que por un pouquiño máis de polen que aspire tampouco vou morrer.

Chego finalmente a casa escoitando unha selección dos mellores temazos que teño por aqui e cando me quedan 20 metros para chegar ó portal decido deixar de mirarme os pés e vexo a unha marabunta de xente ó fianl da rúa (5 metros máis alá do portal) todos mirando cara min. Boto a man á orella rapidamente e quito o casco do mp3. A 2 metros á dereita teño a un home botando berros e andando cara atrás, "ci vediamo dopo! ci vediamo dopo!" ("xa verás logo a que che cae, xa verás logo", traducción libre do autor) e enfrente ó meu portal un chino cun pao de ferro na man "vieni qui, vieni qui!" (" vente aquí se lle botas collóns!", trad libre do autor).

Así que nada, pode que hoxe á noite haxa festa por aqui e non sexa polo barça. Igual ata se suman os do Kebab, que a semana pasada tiveron eles gresca e rompéronlles o cristal do negocio. Esta o siciliano que vive comigo que non caga coa emoción desde logo esto lévase no sangue.

Por certo, unha última cousa, no xornal metro de onte sobre un mapa do google situaban as mafias existentes en Milan (mafia rusa, china... ) pero xusto nesta zona non poñían nada... curioso.

Foto do camiño a casa segundo google, loxicamente eu atallo por Lombardia, non sego a liña azul.

Marcho a clase de italiano que chego tarde e por riba como xoga o barça vou marchar á metade

martes, 3 de marzo de 2009

Reflexións sobre o 1 de Marzo

Día interesante o de hoxe. Despois de máis dun mes ou incluso dous, á iso das 7 da tarde decidín darlle un respiro ó meu corpo e ir correr, sacalo a paseo e demostrarlle que ten 24 anos, que ainda hai esperanza. Facíalle falta.
Logo do "proxecto de carreira" o corpo queda baldado e aparece esa máxima que di "mens sana in corpore sano", e efectivamente, a mente reactívase e a un venlle de novo as gañas de escribir.
Van xa dous días enteiros desde o descalabro nas urnas do bipartito, tempo suficiente para asimilar os resultados e poder deixar aquí algunhas das miñas impresións.

A primeira é a miña preocupación pola lingua galega. Confío en que os gañadores non se deixen levar pola asociación Galicia Bilingüe, creadora do maior conflicto lingüístico na historia do pais en democracia. Foron capaces de crear da nada un odio cara a lingua propia do pais ó presentar ó castelán como unha lingua en perigo. Esta mensaxe calou con forza nos medios de comunicación madrileños, na súa maioría nacionalistas, e o seu aparello mediático non parou ata converter a Galiza nunha nova "Euscadi" no que a connotacións negativas poida ter isto. A mensaxe fixo efecto, e moitos galegos tiveron medo de que os españois nos mirasen mal por ser diferentes.
Hai que puntualizar aquí que queixas dos cidadáns sobre o uso da lingua houboas sempre, o que pasa que as queixas dos galegofalantes por ser obrigados no seu traballo a usar o castelán non pasaban de ser meras anecdotas. As queixas dos galegos que non queren ser tratados en galego pola administración ou que os seus fillos teñan unha educación en galego vivindo en Galiza (segundo oín unha das principais razóns é que os pais non lles poden axudar a facer os deberes. Ainda máis, o ano pasado o xornal El mundo publicaba un artigo no que se dicía que o bilingüismo pode provocar nenos tatexos), estas queixas, trouxeron a Galiza un conflicto que da noxo e que se utilizou como arma electoral contra o bipartito.
Da mágoa pensar que moitos dos que agora tiran contra o galego por querer para os seus fillos unha educación en castelán non deixan de ser fillos de galegos que sofriron unha educación en castelán sendo galegofalantes. A "vendeta" do galego, a dos galegos ós que se puteou durante 40 anos quedou en nada. Segundo teño entendido o novo goberno ten pensado derogar o decreto que os tres partidos con representación no parlamento firmaran e no que se ía garantir que o galego fose a lingua normal da escola. Agardemos que este sexa o único erro do novo goberno.

A segunda reflexión é de alegría. Principalmente polo bloque. Explícome.
O PP gobernou durante 16 anos con maioría absoluta e sen sorpresas eleccións tras eleccións. Sempre se falou de corrupción e clientelismo durante os seus gobernos. Nunca importou, a xente os seguíu votando.
Poren fai catro anos a xente non aturou máis que lle tomasen o pelo e apareceu o bipartito. Analizando a visión que deu o xornal máis lido en Galiza do bipartito durante a campaña electoral temos o seguinte:
Por un lado, ó PSOE de Touriño presentárono como un partido que gobernaba cedendo en todo para o BNG, e o propio Touriño coma un monicreque nas mans de Quin.
Do BNG xa pouco tiveron que sacar máis que darlle publicidade ó mitin trampa dos xubilados, a algun concurso de oposicións de dubidosa lexitimidade e ó tamén dubidoso concurso eólico.
Toda esa xente que votou polo cambio fai catro anos, que votou por desterrar a corrupción e o clientelismo de Galicia doulle as costas ó bipartito porque entendeu que este lle dera as costas a Galiza.
De todo esto eu saco un detalle que me encanta e que me fai ilusionar de novo. Tanto o PSOE coma o bloque, pero especialmente o bloque que foi o que máis defraudou, non poden errar.
Para eles non existe dereito ó erro. Se o fas mal, os teus votantes néganche o voto, castígante democraticamente. Para min isto foi o que pasou.
Non creo nunha Galiza que ten como partido hexemónico o PP, senón que creo nunha Galiza que leva 4 anos agardando o cambio, e que o vai seguir buscando si este non chega tampouco agora. Poida que o PP conte cuns votos seguros pase o que pase, faga o que faga. Pero cando non tes a presión dos grandes partidos acabas errando. O bloque levou unha grande lección con estas eleccións, non pode errar, vai ter sempre enriba a presión dos grandes partidos porque os seus votantes non ceden.
Este é o momento de darse conta de que non queremos xiros ó centro nin convencer ós vellos con pulpadas, o que a sociedade galega quere do bloque é que se convirtan nos auténticos heredeiros de Castelao. Amor por Galiza si, pero máis amor ainda pola xustiza.
Os dous partidos quedaron xa avisados e en tempo record. Erros Nunca Máis.

Nota: 7,0 notable en selección de materiais. A 15 créditos de ser enxeñeiro.

martes, 17 de febrero de 2009

Inter-Manchester: Imaxes mentais

Hoxe imos cambiar o formato desto. Hoxe non hai opinión, hoxe é un diario, un caderno de bitácora.


Martes 2 de marzo de 2009, Milano. Hora local 8 da mañá.
Hoxe decidín espertar cedo para aproveitar o día e facer tódolos cálculos das probas e deixar todo listo para mañá poder comezar coas novas.

9:30 da mañá.
Sigo mirando para a taza de café, non arrefría e xa levo como 20 minutos agardando. Decido que é a última vez que deixo ferver o leite, a próxima vez arriscareime a que esté frío.

10:30 da mañá.
Estou no politécnico na sala de ordenadores. Un dos obxectivos do día é conseguir as entradas para o partido que a vindeira semana enfrontará ó lider da liga italiana e ó campión de europa.
NOTA: Onte pola mañá andiven 7 kilómetros en metro para ir a unha box office a comprala, ó chegar puiden comprobar esa curiosidad italiana que consiste en pechar os locais o luns á mañá, alegando que están a facer inventario ou que traballaron o domingo, vai ti saber. Pola tarde intenteino de novo tendo como resposta o clásico xa as esgotamos.
Busco a posibilidade de compralas online, pero o portal mandame unha mensaxe de que está pechado (como é posible!!!???). Decido agardar a mediodía e achegarme a Loreto onde segundo vin nun mapa existe unha oficina da banca popolare di milano.

11:30 da mañá.
Logo de facer un repaso pola prensa por internet engancho o usb e mergúllome no mundo do excel.

12:15 da mañá.
Onde debía haber rectas obteño parábolas e onde debía haber parábolas atopo figuras indescriptibles. Fago o segundo repaso por internet.

12:50 da mañá.
Quedei só na aula de informática, sinal de que é a hora de comer. Deixo por tanto o meu sitio reservado para poder seguir "traballando" pola tarde e vou ata o banco a Loreto. A dirección resultou estar mal, á fin o banco estaba máis preto da fermata Lima que da de Loreto. Como expliquei na nota aclaratoria onte estiven moito tempo no metro e buscando a box office. Como consecuencia disto gastei totalmente a batería do mp3 e pola noite esquecín recargalo.
Debo recurrir a outro método de entretemento. Recurro inconscientemente ó método das imaxes mentais, no que son esperto.
Definición de imaxe mental: algúns optan por dicir que é cando pensas nalgo gracioso, cando tiras de imaxinación e ves algo curioso. Eu prefiro isto, cando ves a un tipo que vai pola rúa rindo só e principalmente mirando ó chan, entón está a ter unha imaxe mental.
Descripción da miña imaxe mental:
Paso de ecuador en Cuba. Hotel de Varadero, segundo día. A noite anterior pillamos unha chea que non vexas, pero hai un home que ten un rictus na cara diferente. Moitos creen que é a resaca da súa vida, pero realmente está a vivir un pesadelo.
Paco está só na súa habitación individual deitado na súa cama de matrimonio. É mediodía e a calor e a humidade son abafantes. Paco está suando. As persianas están case pechadas de todo, a luz que entra é moi pouca pero permite que se vexa un gotón caendo pola súa frente. Os seus ollos están completamente abertos e as pupilas contraense e dilátanse cada pouco. A borracheira que pillou o día anterior fai que a súa testa pareza un helicoptero despegando toc-toc-toc-toc-toc-toc-toc-toc-toc.
Entón comeza a soar a banda sonora de Apocalypse Now e na mente de Paco sucédense os flashbacks. Paco comeza a ver a xente con rasgos asiáticos...
pum-pum, pum-pum, os flashbacks sucédense cada pouco. Agora todo é máis nítido, a secuencia é na entrada do barrio chino da Habana. Vésenos a cara a Yaguito (ou Charly, como vos faga máis gracia), Fraga, un exboxeador olímpico cubano de Barcelona 92 e eu. As nosas facianas denotan sorpresa e temor (menos a do boxeador claro). A secuencia é a cámara lenta e nótasenos bastante conmocionados. Os catro estamos volvéndonos cara atrás ó oir un berro de alarma.
No seguinte flashback vése ó propio Paco facendo aspaventos cos brazos e gritando cara nós: "que vienen por detrás! vienen por detrás!"
Aquel día Paco erixiuse como un heroe e salvounos a vida ós catro, que xa entraramos no barrio chino e que estivemos a punto de caer na emboscada. Grande Paco.
A imaxe mental fixo o seu efecto, rin bastante e axudoume a olvidar a mala sorte do das entradas.

13:30 horas.
Paro a coller un trancio de pizza en piazza Piola e regreso ó politecnico cheo de forzas. Para o tramo entre Piola e o laboratorio reservei unha chamada telefónica que tiña que facer, desta forma cumpro 3 obxectivos: fago a chamada, distraiome nun camiño xa coñecido e monótono, evito que a chamada pase dos 4 minutos (límite que conseguin soportar tras duros adestramentros).

15:00 horas.
Definitivamente os resultados son unha merda, non hai por onde coller os datos.
Chégame unha mensaxe.
Contido da mensaxe: os meus compañeiros erasmus organizaron a viaxe de entroido a Venezia. Esta tarde compramos os billetes de tren.
Confirmo a miña asistencia e pido desculpas póla miña posible demora ó ter que estar traballando no laboratorio.

16:00 horas.
Levo unha hora ou quizais 10 minutos raiando a cabeza a ver se dou feito cos datos. Vendo a imposibilidade de chegar a resultados coherentes decido facer outra viaxe por internet. Podería marchar e así asegurar o chegar cedo á compra do billete, pero a miña conciencia non me permite abandonar o politécnico ata as 17 horas, momento no que xa non queda ninguén na aula de informática e eu consigo a pracenteira sensación de ser o último en marchar e así considerar para min que son o máis traballador.

17:45 horas.
Estación de Lambrate, son o primeiro en chegar, malditos españois!!!

20:15 horas.
Xa na casa.
Na mesa da cociña atopo o sobre do voto por correo. Dou palmadas de alegría e fago un pequeno baile.
Decido renovar o blog a modo de caderno de bitácora. Asemade deixo cargando no youtube un par de capítulos de "Gargolas heroes mitológicos"
Decido tamén que despois de cear renovarei o fotolog, pois teño unha idea xa preconcebida. Veremos...


martes, 10 de febrero de 2009

Cousas de internet

Bueno (e logo saberedes porque), chega un a casa despois dunhas horiñas no politecnico e pensa, vaia, ainda son as 4 da tarde (16 horas), podo andar unha horiña por internet e logo ainda podo volver ao traballo, a descubrir máis información sobre o apaixoante mundo das augas residuais.
Así que son as 8 da tarde (20 horas) e aquí estou, intentando deixar por fin o ordenador aparcado.
Un comeza por facer as clásicas visitiñas: correo, fotolog (moi interesantes onte e hoxe), tuenti, facebook, fontaneros... Non vou enumeralas todas por respecto á miña nai que le estás liñas e que me está a pagar os estudos en Milano, non as horas invertidas en internet (si, é certo, tampouco as enumero todas polos contidos dalgunhas, ti xa me entendes Mario).
O caso é que nestes tempos de eleccións cada certo tempo me deixo caer polo videoblog de anxo quintana (quin.tv). Por certo os outros dous tamén teñen videoblog e o de feijoo é bastante simpático, a maioría dos vídeos son del na súa casa mirando pola ventá ou almorzando e facendo como que lle xurden reflexións espontáneas ao que o rodea.
Vaia, xa me estou indo por outros lares, xa case escribo como falo (outra perla que deixo caer).
Así que nesas estaba cando vin que Quin contestara unha pregunta sobre reintegracionismo. Quin amosábase proclive a achega do galego ao portugués. O que lle fixera a pregunta agradeceulle a contestación e incluíu o link da súa web. Así que como bo internauta accedín á citada páxina. O primeiro que descubrín é que esta non fora a primeira volta que estivera nela xa que outro día coma hoxe, mais (terrible, outra perla) naquela ocasión a través da Voz de Galicia accedera ao blog da rapaza namorada de feijoo, a de ilovefeijoo, e a esta rapaza fixéralle unha entrevista un tal alema. O alema este é o autor da páxina da que hoxe vos quero falar.
É unha paxina en defensa da lingua galega e da súa norma existente. Está moi ben porque o tipo defende as súas ideas ata a fin e as argumenta moi ben. Pero ademáis na páxina postean moitísimos “reintegratas” como el os chama, que aportan interesantísimos datos e ideas tamén a ter en conta. Vaia, que ten bastante nivel. Moi recomendabel.
http://alema.org/
Un dos temas máis curiosos é o do bueno como interxección, montaron ata un grupo en facebook, e as opinións que se verten na páxina son moi boas e curiosas.
Na páxina tamén hai entrevistas, por exemplo a Suso de Toro, gran autor e gran pensador polo menos para min. E digo para min porque nesta entrevista só tres persoas postearon. Nembargante lin outra entrevista que espertou o interese de moitos. Unha gran entrevista:
http://alema.org/2009/02/02/freixeiro-mato-coa-norma-rag-podese-construir-un-galego-mais-autentico/
A foto é boísima (son cravadiños!!!), a entrevista boísima e os comentarios dos internautas tamén... que respecto lle amosan.
Na próxima visita á Coruña intentarei que me explique ben isto do futuro de subxuntivo ou o infinitivo flexionado.
Aínda recordo todas aquelas queixas de Bea porque o escribir o seu proxecto molestábanlle os cambios que sufrira a normativa galega pola súa achega ao reintegracionismo. Fíxate ti por onde, compartíu pupitre co fillo do gran impulsor de todo isto.
Para rematar dous grandes frases dos Freixeiros.
A primeira contouma Iago un día que falabamos de política e políticos con carisma. Díxome que seu pai lle definira a Beiras con estas palabras: “Beiras... Beiras é un Djalminha”, enténdase capaz de facer maxia cando xoga contra o madrid e de desaparecer contra o alavés.
A segunda foi a contestación do propio Iago cando no bar da ETSE lle preguntaron a que hora tiña clase: “Teño clase de 4 a 6 e de 6 a 4”

miércoles, 4 de febrero de 2009

Un pouco de humor

Afortunadamente en Galiza temos unha grande saude no que a humor se refire. Temos ata cousas propias como a retranca, que é de moito humor, e en canto ao tema da ironía, eu podo dar fe de que coñezo xente que de tres frases dous son irónicas. Somos os reis das segundas intencións.
Agora a todo esto chámanlle humor intelixente e está de moda en todo o mundo, así que neste aspecto tamén é o noso momento.

Agora que están preto as eleccións que mellor que falar dese humor que ten a política como referente. Co tema da manifestación de Galicia Bilingüe descubrín algúns blogs moi interesantes que saben tomar a cousa con humor e ironía:
http://tangallegocomoelgazpacho.blogspot.com/
http://upeydeiros.wordpress.com/
A primeira é a versión de coña dun blog que se chama tan gallego como el gallego e que da bastante medo. O segundo é a versión de coña da páxina web do partido de Rosa Díez.

E agora un tema humorístico polo que sinto amor-odio. Os monólogos.
A cousa é que a idea é moi boa, un tipo ahí diante, el só. Pero claro é moi complicado.
Eu coido que con que un este só no escenario e principalmente o que faga é falar xa é monólogo, por suposto mellor se ademáis de falar sábese mover ben polo escenario e que interactue un pouco coa xente (pouco porque senon pasaría a ser diálogo).
A cousa de amor-odio é porque principalmente hai cousas que non me gustan, que me aburren. Naquel programa do club da comedia o monólogo fíxose famoso, foi un programa necesario, pero ese tipo de monólogo é o que a min non me enche. Todos esos que comezaban co de "se han fijado ustedes en las marcas de lavadoras..." ou eses outros de "guerra de sesos" que non me acababan de convencer. Quero dicir, falar das navidades ou das diferencias entre homes e mulleres pode ter moita gracia no primeiro monólogo, pero non se pode estar varios anos vivindo das "cousas curiosas" que rodean o mundo.
Os monólogos son mellores canto máis axustados están ó público ó que se dirixen, cando te contan algo do teu pobo, en definitiva cando o que che contan é unha anecdota coa que te podes identificar ou que podes identificar na xente que te rodea. Neses casos non ris, neses casos fartaste a rir.
Unha vez tiven unha discusión sobre este tema. A persoa coa que discutia fora ver un espectaculo de monólogos e lle gustaran todos menos o de Carlos Blanco. A discusión tívena porque eu vexo a Carlos Blanco como o gran monologuista galego. Vínlle varios espectáculos e en todos eles conseguiu que fartara a rir. Primeiro porque como é un espectáculo ambulante sabe acomodalo a cada cidade á que vai. Segue un pequeno guión pero se ese día pasoulle algo de interese, ou na cidade anterior ocorreulle unha anécdota no espectáculo pois cóntaa. É incrible a capacidade de improvisación que ten, é por tanto un espectáculo en constante evolución. Ademáis basea os seus monólogos en experiencias da súa vida e a súa carreira, ou pola contra únese a kiko Cadaval e entre os dous inventan unha historia de ficción, un conto. Menudo crack.
A versión máis light deste artista témola gracias á televisión de galicia co programa Somos unha potenzia, no que cando remataba facía un dos seus monólogos máis xeneralistas, monólogos para toda Galiza que son boisimos, pero ós que lles falta ese aquel que consegue cando o seu público pode sentirse 100% protagonista.
Basta de falar, imos desfrutar dalgún exemplo:
http://www.youtube.com/watch?v=kUJD16XzEhg
http://www.youtube.com/watch?v=0cO6jg5gIzU&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=Kmoic0YgfgM&feature=related

lunes, 26 de enero de 2009

Hai temas que dan para moito. Son temas que dan para tanto que ata da pereza porse a falar deles polo moito que se quere dicir, e que o mesmo tempo dan vertixes polo complicados que son de tratar. Un destes temas é o bilingüismo e a guerra de linguas que conleva, xa que admitámolo, o bilingüismo harmónico é unha utopía.

Sobre esta cuestión existen moitísimas opinións de diversa índole. Unha das que máis me gusta é a dos políticos de PP e PSdeG cando se lles pregunta se falan galego. É a resposta hipócrita por excelencia, "dependendo do interlocutor". Digo eu que habería que ver a esta xente chegando a unha cafetería ou asistindo a unha festa e os pobriños sen poder saudar á xente, porque claro, non sabendo en que fala o seu interlocutor ata que comece a falar... Menos mal que tiveron a sorte de que ola e hola pronúnciase igual.
Eu que sempre pensara que os políticos éranche xente moi estrovertida, pois xa ves, caladiños ata ver o que fala o de diante, que eles non teñen lingua propia.
De feito así se explican algunhas das demoras políticas que ten Galicia, quizais foi por esto polo que no se chegou a acordo para reformar o estatuto.
Esta claro que fanno porque moitos, por non decir todos, falan castelán a non ser que o interlocutor sexa galegofalante, ou mellor ainda sexa periodistagalegofalante.
Non o entendo, ninguén os ía mirar peor por recoñecelo. Todos temos unha fala, eu teño o castelán como lingua nai, aprendín a falar e a escribir nese idioma e hoxe en día segue a ser a miña primeira opción cando falo con alguén ó chou. No futuro quizais consiga ser un dos agora alcumados neofalantes, que teñen como lingua nai o castelán pero que co tempo cambiáronse ó idioma propio do pais. Verémolo.

De todas formas non quería eu hoxe dar a miña perspectiva sobre bilingüismo, diglosia, etc. De feito o apunte que fixen sobre o meu caso obedece máis a facer unha presentación do que son antes de falar outro día do que penso. Xa dixen que este tema da para moito.

Así que cal é o tema de hoxe? Pois a cousa está relacionada con todo esto. Un que se sente galego e comprometido co pais e a súa lingua pode aceptar e asimilar comentarios de todo tipo xa sexan do señor Feijoo ou dalgunha plataforma estrana como Galicia Bilingüe. Pero hai cousas sen embargo que poden coa miña saude. Cousas que chegan normalmente dende Madrid, esa última nación creada no século XXI. Ata o de agora o madrileñismo era un bastión defendido únicamente polo PP de Esperanza Aguirre, pero é que agora saiulles competencia, e dá ainda máis medo, porque atrévese a opinar do resto. Pois si, o madrileñismo subíu un chanzo e foi gracias á aparición de Rosa Díez e o seu partido UPyD.
Que gran verdade eso de que a merda mellor limpala na casa, porque manda carallo que veña esta ex-socialista (como gañaron con ZP) a salvar Galiza. Ufff, é que énchese un de carraxe ó ler o que di.
E que di? pois estas son algunhas das perlas que soltou en Santiago:
"a sociedade galega é moi distinta dos políticos que a representan".... si Rosiña menos mal que viñeches ti, que da sociedade galega sabes moito máis que os galegos.
en Galicia "hai menos liberdade e igualdade que hai catro anos". Nesta liña, acusou o bipartito de "xerar problemas co idioma que nunca tiveron os galegos".... neste caso non sei se se refería ós galegos que para traballar en Galiza vénse obligados a cambiar ó castelán. Ou vaia, igual si que se refire a ese caso, porque a algún empresario non lle debeu sentar moi ben que o castigaran por iso.
Agora veñen as mellores, atención a este parágrafo literal que saquei do xornal:
Díez acusou os nacionalistas galegos de "facer o que Sabino Arana fixo no País Vasco hai cen anos" e de "invertar unha historia, un mito, para separar", ademais de "usar a lingua para marcar territorio e demostar quen manda". Neste sentido, subliñou que as políticas lingüísticas adoptadas levan ó "fracaso e á marxinación" e que "non sempre máis autonomía significa máis garantías", o que, na súa opinión, está demostrado en materia educativa. Nesta mesma liña, resaltou que UPyD é o único partido que "defende o mesmo en toda España" e que "somos españois sen complexos, temos ambición de país".
Terrible, logo de ler esto un par de veces pasei de sentir carraxe a mágoa. Pobre muller, pásalle o que a DaVinci pero ó revés, ela é dunha época pasada. É un reflexo da sociedade madrileña do século XVIII, falando das provincias, neste caso da galega, esa que é complicada de meter na historia do pais, dos íberos, dos visigodos do idioma español. Pobriños os galegos, que teñen un clima diferente, un chan diferente cheo de pedras, unha paisaxe diferente, que falan mal o español. E claro esta xente que pensa así dáselle por querer vir "axudar".
Porque efectivamente, o da historia inventada da moita risa, máis tendo hoxe os estudios científicos que temos e que corroboran con datos e non con conxecturas o pasado propio de Galiza.
Pero o de que defenden o mesmo en toda España, eso máis ben da medo. Definitivamente esta muller quérenos afundir. Imaxinade ben o que isto significa. Outra vez Galiza olvidada para defender os "intereses de España". Queremos producir máis aceite de oliva que somos unha potencia, e máis leitugas e hortalizas (que se fodan os franceses), e bue, a cambio facemos menos leite que eu non vin unha vaca na miña vida.
Vaia, creo que todos os galegos queremos no fondo unha política propia para nós, é o que ten o millón de vacas, ter o maior % da costa española e estar cheos de minifundios. Esperemos que a Rosa Díez e ós seus secuaces non lles vaia ben.

Como regalo final unha noticia que chamoume moito atención e que saia hoxe na voz de Galicia edición dixital. Fai referencia á empresa "madrileña" (polo menos é alí onde deixa os cartos) Fenosa, e ós apagóns sofridos estes días no pais.
Pois ben, a noticia é:
El delegado de la compañía en Galicia, Luis Díaz, ha asegurado en una entrevista en Radio Voz Ferrol que no habrá un aluvión de reclamaciones porque «el gallego es una persona comprensiva». El último recuento estima que 217 hogares siguen a oscuras.
Mexan por nós e hai que dicir que chove.

miércoles, 21 de enero de 2009

De que escribir?

De que podo falar eu?

Vaia, boa pregunta, supoño que o blog usareino para falar dos temas que máis leo, dos que máis me intereso. Supoño que algunha entrada de música e fútbol caeran, pero quizais o tema que máis me apaixoa a min, o tema polo que as veces non concibo o sono (amen das mulleres) e me fai pasar a noite en vela soñando, esperto pero soñando, cun futuro mellor para todos nós é o tema de Galiza.

Podédeslle chamar nacionalismo ou como queirades, quizais o máis apropiado sexa conciencia de país. Ben, parece pois que o tema é a política... Pois non.

O tema é Galiza: o seu mar, a súa historia, a súa xente, as súas empresas, o seu millón de vacas... a súa política por suposto... Hai moito de que falar e poucas veces teño gañas de sentarme a escribir, así que comecemos.

Estamos no ano 2009, apunto de ter unhas eleccións nas que o normal sería que o goberno bipartito recibise a confianza do electorado e gobernase alomenos catro anos máis. Neses catro anos é posible que se reforme o estatuto e se descentralice máis a cousa. Galiza gañará en peso político e deberá comezar a facerse oir polas institucións europeas, negociando por fin de tu a tu, negociando para os intereses de Galiza, para os dos galegos.

Que bonito quedou esto. E se non ocorre.... ahhhhhhhhh!!!! que será de nós. Pasarános o de sempre, menos mal que seguro que acontece unha catástrofe e podemos pedir axudas a Madrid. "Pobriños os galegos, por enriba de hablar mal sempre lles cae algunha".

Bue o Mundo está en crise, e non me refiro ó xornal. A economía mundial vai ó carallo. Sin embargo eu recordo que cando estiven na vila en nadal a xente enchía as cafeterías e tendas, e cando fun comer a un restaurante de toda a vida a maioría dos camareiros eran agora arxentinos. Non debe de estar tan mal a cousa. O caso é que a sociedade galega vive no primeiro mundo, podemos estar nas nosas casas en inverno a 20ºC escollendo entre 50 canles na televisión ou vendo en youtube a última paliza que uns rapaces lle dan a outro na escola.

Temos as vantaxes e defectos do primeiro mundo.

Durante algúns anos pedín por nadal ós meus pais debuxos de Castelao, albuns como o de Nós. Eran reflexos da sociedade galega (os galegos non piden, emigran...). Erizábaseme a pel ó ver aquelas obras mestras.

E agora, agora deixamos 60 euros en sair en fin de ano de troula cos amigos. Bó sinal, a cousa mellorou, pero que pasa co sentimento de vitimismo. Pois o caso é que ese sentimento está tan enraizado entre a xente que a sociedade galega acaba sendo escrava del.

E un sentimento que abrangue a tódalas castes sociais e a tódalas ideoloxías.

Quizais a xente xove debería comezar a pensar que temos o que nos merecemos, o que nos procuramos ou procuraron para nós os nosos antepasados e o momento histórico, e xa está. Pero nós tamén formamos parte da historia, ou polo menos formaremos parte dela. Hai que comezar a cambiala. Hai que deixar de ser vítimas, de mirar á política con recelo, de agardar as desgracias para poder queixarnos.

Somos o país de Zara, de Zeltia, de Pescanova. Somos o país no que moita xente por defender o seu pan xogouse a vida recollendo chapapote coas mans sobre chalanas.

É o noso momento, o momento de ser optimistas por natureza como di o anuncio e conseguir esa conciencia social que nos falta.

É o momento de deixar de pensar en emigrar porque alá se cobren catro perras máis, é o momento dos emprendedores, dos que crean, dos que fan pais co seu traballo.

Fai catro anos a sociedade sorprendeuse a si mesma ó decir basta á corrupción. Quizais agora debamos subir o seguinte chanzo.